24 de out de 2013

Baixo Lupa 1P 2T Po de Estrelas 1/4 Ese mundo de ahí fóra

Volvemos á carga con este programa de arte e sociedade. De aquí a fin de ano publicaremos catro entregas nas que "resumiremos" éste libro. Batalliñas espaciais, que si o sol, astronautas, planetas coma Titán, aplicacións da ciencia moderna e o noso entorno natural; historias deste tipo son as que conforman "Pó de Estrelas" do científico galego Xurxo Mariño Alfonso. Así que te convidamos a ler xuntos este libro, que en Baixo Lupa ocupará catro episodios. Ahí vai o primeiro ...

10 de mai de 2013

Baixo Lupa 10P 1T A Mafia IV (4/4) Agroalimentación e sanidade


Rematamos no mundo da mafia, ben poderiamos seguer indefinidamente, pero nos contentamos con botarlle un ollo ó tema sanitario e alimentario. Para elo, repasamos dúas figuras, ambos autores de libros ó respecto; John Virapen e Ghislaine Lanctot. 

Baixo Lupa é o programa de arte e sociedade que se realiza en Radio FilispiM e se emite tamén na Radio Kalimera e en Radio Malva. 

BaixoLupa 10P 1T by Baixo Lupa
Neste programa utilizamos audios, entre outros, dos documentais "A Corporación" e "A historia das Cousas"

13 de abr de 2013

Baixo Lupa 9P 1T A Mafia III A mafia de verdade

Xa por fin nos metemos coa verdadera e auténtica mafia, deixámolo cine só de fondo, para seguir nesta viaxe. Políticos, banqueiros, homes de negocios, e tamén a clase traballadora. Todo se entrelaza neste tecido que nos tratamos de desanudar. Pouco a pouco ...

 
Do mundo da mafia de peli á crúa realidade dun sistema mafioso:
Baixo Lupa 9P1T Mafia III by Baixo Lupa

15 de mar de 2013

Baixo Lupa 8P 1T A Mafia II A mafia clásica (2/2)


Seguimos coa mafia clásica, desta vez, unhas historietas de mafiosos, que sempre son entretidas; para seguir coa mafia en Rusia, Xapón, China, e algún que outro país.


Todo aderezado, como non, coas personaxes máis míticas da escena do cine mafioso moderno. Eiquí  rematamos con esta mafia clásica, pero seguiremos coa mafia, vista entón, desde outros prismas, dun mundo ... a outros, do mundo da mafia de película (ainda así real e consistente), ao mundo actual, no que impera o capitalismo con todo o que conleva ...

Baixolupa 8P 1T A Mafia II A mafia clásica (2/2) by Baixo Lupa

6 de mar de 2013

O novo de Different Entertaiment, FLAMAN e o regreso de "Malviviendo"

Pois xa sabemos onde se meteran esta panda, resulta que non se aburriron, sacando o seu segundo cómic "Malviviendo", pero sobre todo, ocupados na realización dunha nova serie para Canal Sur TV chamada FLAMAN. Despois dunha primeira visualización; as primeiras impresións non poden ser mellores, en FLAMAN, David Sáinz deixa claro o seu estilo, amais de continuar refinándoo. Queda certo que teñen talento nisto do audiovisual, como amosa o seu primeiro episodio.

 Outro pequeno paso para Diffferent Entertainment SL. coa emisión tódolos martes ás 22h na televisión autonómica de Andalucía, déixovolo enlace á web oficial da serie para que, si queredes, seguila desde cualquera lugar do mundo, conectándoos por Internet.

Por otura banda isto non quita que anuncien que comezan en breve coa terceira tempada de Malviviendo. Si resulta que non coñecías esta serie, ahí debaixo está, o que se pode facer con 20 euros, o "episodio piloto" que xa vai polos 2 millóns de reproduccións en Youtube.