"Dun mundo ... a outros" Baixo Lupa é un programa de radio quincenal e dunha hora de duración. Arte e sociedade fúndense coa narración e a música. Realizado en Ferrol, no estudio de Radio FilispiM, a Radio Libre e Comunitaria da Terra de Trasancos que emite no 93.9 da FM
27 de dez. de 2012
Baixo Lupa 4P 1T Groucho, Chico, Harpo
Falabamos no anterior episodio do famosísimo grupo cómico que foron os irmáns Marx. Desta vez, centrámonos soamente en tres deles, os que
verdadeiramente fixeron maxia, Groucho, Chico e Harpo. E que merecían unha mención especial as tres estrelas do grupo; así que mans á obra, metemos un repaso ás súas vidas, e como non, á súa obra.
Non te extrañes, si todavía te sorprenden; é o que ten o exceso de creatividade do que padecían galopantemente estes artistas totais.
Espero que disfrutedes dos atolados diálogos de Groucho, do talento co piano de Chico, e do insuperable dominio do arpa de Harpo.
21 de dez. de 2012
Tributo ao esquelete, Bellatrix de JTBruce
Despois de tres programas feitos, véxome na obriga de pesentárvolo esquelete deste programa coñecido como Baixo Lupa:
Este tema, "Bellatrix", sintonía de Baixo Lupa, é un temazo de 18 minutos de duración dun tal JTBruce, artista que atopo durante a miña etapa en Leña Dura DF. Nin por un segundo perde a intensidade, con subidas e baixadas, como as propias ondas do mar. Unha multitude de instrumentos, póñense de acordo, e permíteme manter esa esencia, ó longo dos diversos tramos, nos que a utilice. Nalgún momento do programa aparece, sempre a mesma, pero moi diferente. Déixovos un enlace ao disco enteiro "Universica" (discazo!), desde onde podedes pesquisar os outros traballos deste artista, con licencia libre e gratuita.

17 de dez. de 2012
Baixo Lupa emitíndose tamén en A Kalimera, a radio libre de Compostela.
Pois iso, a radio compostelana decidiu incorporar na súa emisión varios programas de Radio FilispiM; O Programa do Colectivo, A Fábrica da Lus, Divertimento Para Pequenos Monstros, O Recuncho, Off Mental e Baixo Lupa.
Este é o aspecto da grella da Kalimera.
14 de dez. de 2012
Baixo Lupa 3P1T Os Irmáns Marx
Do mundo de "Espejos" de Galeano, ó mundo artístico dos irmáns Marx. Unha viaxe na que lembraremos a absoluta xenialidade deste grupo humorístico, destes "artistas totais".
De novo con dobre episodio, neste primeiro nos centramos no cuarteto, no grupo enteiro, "Os catro irmáns Marx". Nos nosos tempos, convén lembrar e volver a ollar a esta troupe familiar para recordar o que é ser de verdade un artista.
Filmografía
Descargas:

Assinar:
Postagens (Atom)