26 de jan. de 2013

En breve, "Factoría Zombie"

Chegan os zombies a Ferrol ...



Miguel castro e Jose Torregrosa xa nos sorprenderon fai case, case un ano coa excelente adaptación de "La Guerra de Los Mundos" de Orson Welles. Co guión orixinal de H. G. Wells coma base, recreaban un guión cheo de sátira e alusións á realidade ferrolá, galega e española.

A colaboración de diferentes locutores de Radio FilispiM, Rafa Cuesta de Más Voces e demáis participantes xunto a un concienzudo montaxe en mans de Miguel Castro son o resultado final, unha alporizante parodia na que en ningún momento falta ritmo, envolvéndote, de principio a fin.

Nesta ocasión  preferiron crear unha nova peza de teatro radiofónico, partindo dun guión 100% Castro & Torregrosa na que parece ser a historia, dos zombies tomando os asteleiros; unha nova sátira, esta vez co sindicalismo de por medio. De novo a mesma base de actores pero con novedades, e tamén no aspecto gráfico e con banda sonora elaborada para a ocasión por David García.

Ir a descargar

"Factoría Zombie" estrénase o xoves 14 de febreiro en Ferrol no Ateneo Ferrolán (Magdalena 202, cruce con Méndez Núñez) ás oito do serán . La entrada será gratuita.

18 de jan. de 2013

Baixo Lupa 5P1T Quentin tarantino, a persoa.



Dun mundo a outros ... dos Irmáns Marx pasamos a este novo dobre episodio desta vez, sobre a figura do director de cine estadounidense, Quentin Tarantino. Nesta primeira volta escarbamos na súa vida e personalidade.

¿Qué experiencias levan a este director a realizar este tipo de cine?, ¿Por onde andivo e como se formou? son preguntas que atopan resposta neste episodio.

En quince días, poderemos dar unha volta á súa carreira cinematográfica, coma director, productor e actor.

14 de jan. de 2013

Carlos Taibo fala da crise do capitalismo

A Linterna de Diógenes é un programa da Radio Libre Irola Irratia. Fai uns días entrevistaban a Carlos Taibo, profesor de Ciencias Políticas ao que sempre é interesante escoitar; e refréscanos, ou máis ben descontamina un pouquiño, da cortina de fume coa que nos someten habitualmente os medios de comunicación maioritarios.

Ir a descargar

9 de jan. de 2013

A entrevista que faltou no nadal

Como sabedes, Carne Cruda volve ás andadas, desta vez como carne cruda 2.0 na Cadena SER. Eiquí tédelo link á entrevista que verdadeiramente debeu ter sufrido o xefe de estado, é dicir, o rey, neste pasado nadal.

5 de jan. de 2013

Finanzas éticas segundo Documentos TV (La2) Cando pechámolos ollos

A economía social e solidaria estase a dotar de sistemas financieiros alternativos acordes cos seus valores. Nos últimos anos, produciuse un aumento progresivo de personas, que prefiren o beneficio social antes que o monetario, e deciden confialos seus aforros ás entidades que lles din en qué e para qué usan os seus cartos. Tríodos Bank, FIARE-Banca Ética o Coop57 son unha opción alternativa á banca convencional para personas e organizacións que queren que os seus aforros, non se utilicen con fins despiadados.
Datos do Observatorio das Finanzas Éticas confirman que en 2011 había uns 575 millóns de euros en depósitos e uns 600 millóns en préstamos. Os modelos de intermediación financieira que se ofertan na denominada banca ética ,son diferentes na orixe e  plantexamentos, pero coinciden en aspectos fundamentais: en vez da economía especulativa promoven a economía real no entorno máis cotiá, practican a transparencia, xa que publican tódalas inversións,
e orientan as suas operacións cara os beneficios sociais e medioambientais.