"Dun mundo ... a outros" Baixo Lupa é un programa de radio quincenal e dunha hora de duración. Arte e sociedade fúndense coa narración e a música. Realizado en Ferrol, no estudio de Radio FilispiM, a Radio Libre e Comunitaria da Terra de Trasancos que emite no 93.9 da FM
Seguimos coa mafia clásica, desta vez, unhas historietas de mafiosos, que sempre son entretidas; para seguir coa mafia en Rusia, Xapón, China, e algún que outro país.
Todo aderezado, como non, coas personaxes máis míticas da escena do cine
mafioso moderno. Eiquí rematamos con esta mafia clásica, pero seguiremos
coa mafia, vista entón, desde outros prismas, dun mundo ... a outros,
do mundo da mafia de película (ainda así real e consistente), ao mundo
actual, no que impera o capitalismo con todo o que conleva ...
Pois xa sabemos onde se meteran esta panda, resulta que non se aburriron, sacando o seu segundo cómic "Malviviendo", pero sobre todo, ocupados na realización dunha nova serie para Canal Sur TV chamada FLAMAN. Despois dunha primeira visualización; as primeiras impresións non poden ser mellores, en FLAMAN, David Sáinz deixa claro o seu estilo, amais de continuar refinándoo. Queda certo que teñen talento nisto do audiovisual, como amosa o seu primeiro episodio.
Por otura banda isto non quita que anuncien que comezan en breve coa terceira tempada de Malviviendo. Si resulta que non coñecías esta serie, ahí debaixo está, o que se pode facer con 20 euros, o "episodio piloto" que xa vai polos 2 millóns de reproduccións en Youtube.
No programa de Radio Malva "Voces Meridianas" entrevistan ao actor Juan Diego Botto e á actriz Astrid Jones, sobre a obra de teatro “Un trozo invisible de este mundo”, que se está a representares en Valencia, e reclamaron o peche dos CIE porque “a mera existencia de esos lugares no tiene sentido”.
Botto e Astrid Jones reclamaron o peche dos CIE porque “a mera existencia de esos lugares no tiene sentido”. A orixe da obra, escrita e interpretada por Botto, sitúase en dúas experiencias personais do autor xunto ó común denominador do sufrimento humano.