"Dun mundo ... a outros" Baixo Lupa é un programa de radio quincenal e dunha hora de duración. Arte e sociedade fúndense coa narración e a música. Realizado en Ferrol, no estudio de Radio FilispiM, a Radio Libre e Comunitaria da Terra de Trasancos que emite no 93.9 da FM
27 de dez. de 2012
Baixo Lupa 4P 1T Groucho, Chico, Harpo
Falabamos no anterior episodio do famosísimo grupo cómico que foron os irmáns Marx. Desta vez, centrámonos soamente en tres deles, os que
verdadeiramente fixeron maxia, Groucho, Chico e Harpo. E que merecían unha mención especial as tres estrelas do grupo; así que mans á obra, metemos un repaso ás súas vidas, e como non, á súa obra.
Non te extrañes, si todavía te sorprenden; é o que ten o exceso de creatividade do que padecían galopantemente estes artistas totais.
Espero que disfrutedes dos atolados diálogos de Groucho, do talento co piano de Chico, e do insuperable dominio do arpa de Harpo.
21 de dez. de 2012
Tributo ao esquelete, Bellatrix de JTBruce
Despois de tres programas feitos, véxome na obriga de pesentárvolo esquelete deste programa coñecido como Baixo Lupa:
Este tema, "Bellatrix", sintonía de Baixo Lupa, é un temazo de 18 minutos de duración dun tal JTBruce, artista que atopo durante a miña etapa en Leña Dura DF. Nin por un segundo perde a intensidade, con subidas e baixadas, como as propias ondas do mar. Unha multitude de instrumentos, póñense de acordo, e permíteme manter esa esencia, ó longo dos diversos tramos, nos que a utilice. Nalgún momento do programa aparece, sempre a mesma, pero moi diferente. Déixovos un enlace ao disco enteiro "Universica" (discazo!), desde onde podedes pesquisar os outros traballos deste artista, con licencia libre e gratuita.

17 de dez. de 2012
Baixo Lupa emitíndose tamén en A Kalimera, a radio libre de Compostela.
Pois iso, a radio compostelana decidiu incorporar na súa emisión varios programas de Radio FilispiM; O Programa do Colectivo, A Fábrica da Lus, Divertimento Para Pequenos Monstros, O Recuncho, Off Mental e Baixo Lupa.
Este é o aspecto da grella da Kalimera.
14 de dez. de 2012
Baixo Lupa 3P1T Os Irmáns Marx
Do mundo de "Espejos" de Galeano, ó mundo artístico dos irmáns Marx. Unha viaxe na que lembraremos a absoluta xenialidade deste grupo humorístico, destes "artistas totais".
De novo con dobre episodio, neste primeiro nos centramos no cuarteto, no grupo enteiro, "Os catro irmáns Marx". Nos nosos tempos, convén lembrar e volver a ollar a esta troupe familiar para recordar o que é ser de verdade un artista.
Filmografía
Descargas:

8 de nov. de 2012
Baixo Lupa 2P1T Espejos de Eduardo Galeano parte II
Dun mundo ... a outros ...
Continuamos neste segundo programa coa mesma temática que o anterior, xa para finalizar; con "Espejos" penúltimo libro do escritor uruguaio Eduardo Galeano. Seguiremos con este repaso á historia por medio de microrelatos. Baixo Lupa é un programa de arte e sociedade que se realiza e emite na ferrolana Radio FilispiM.
Así que deixamos o mundo que foi este marabilloso libro de relatos para viaxar a un novo mundo no próximo Baixo Lupa.

21 de set. de 2012
Baixo Lupa 1P1T "Espejos" de Eduardo galeano parte 1
Comezámolo primeiro episodio, o primeiro da historia, con o que pode ser, o escritor do momento para a esquerda mundial, Eduardo galeano.
O día que comezei a ler "Espejos", unha historia universal, decateime do adecuado deste libro de microrelatos, nos que nos lembra cousas que a historia "olvidou"; e digo adecuado, porque amais do gran contido histórico desta selección que fixen eu (as que máis me gostaron, claro), vense a sumar a calidade de expresión literaria que fai gala este escritor/periodista; cousa da que me aproveito eu nun nulo intento de roubarlle a beleza poética.
Déixovolo enlace ó MP3 en galego desta primeira parte, na que presento brevemente a Galeano e a este libro en particular, e no que tamén escoitaremos moitos relatos.

14 de set. de 2012
Comeza a conta atrás para empezar a emitir
Bajo Lupa nace en setembro de 2012 como un novo programa da Trasanqueña Radio FilispiM, que forma parte do Terceiro Sector da Comunicación, dada a súa natureza libre e comunitaria.
Unha hora quincenal adicada a unha temática en concreto, calquera cousa, un libro, un director de cine, unha idea, unha historia, unha filosofía ou mesmo unha ideoloxía; o único requisito é que lle pareza interesante ó autor.
Pretende ser unha viaxe radiofónica na que te podes divertir, entreter, aprender, relaxarte; ainda que, o que sí é seguro, é que cando escoites Baixo Lupa, lentamente serás invadid@ por unha fermosa sensación de tranquilidade, comodidade incluso.
Unha hora quincenal adicada a unha temática en concreto, calquera cousa, un libro, un director de cine, unha idea, unha historia, unha filosofía ou mesmo unha ideoloxía; o único requisito é que lle pareza interesante ó autor.
Baixo Lupa emítese en galego en Radio FilispiM e neste mesmo blogo; máis tamén se realiza en castelán en www.bajolupa939.blogspot.com
O culpable deste proxecto é Iago Montes, locutor que participa activamente noutros programas desta emisora, principalmente no "Programa do Colectivo OPAII"; tendo pasado por numerosos proxectos como por exemplo foi "La Guerra de los MUndos 2012"
Assinar:
Postagens (Atom)