14 de set. de 2012

Comeza a conta atrás para empezar a emitir

  Bajo Lupa nace en setembro de 2012 como un novo programa da Trasanqueña Radio FilispiM, que forma parte do Terceiro Sector da Comunicación, dada a súa natureza libre e comunitaria.

  Pretende ser unha viaxe radiofónica na que te podes divertir, entreter, aprender, relaxarte; ainda que, o que sí é seguro, é que cando escoites Baixo Lupa, lentamente serás invadid@ por unha fermosa sensación de tranquilidade, comodidade incluso.


  Unha hora quincenal adicada a unha temática en concreto, calquera cousa, un libro, un director de cine, unha idea, unha historia, unha filosofía ou mesmo unha ideoloxía; o único requisito é que lle pareza interesante ó autor.

  Baixo Lupa emítese en galego en Radio FilispiM e neste mesmo blogo; máis tamén se realiza en castelán en www.bajolupa939.blogspot.com

  O culpable deste proxecto é Iago Montes, locutor que participa activamente noutros programas desta emisora, principalmente no "Programa do Colectivo OPAII"; tendo pasado por numerosos proxectos como por exemplo foi "La Guerra de los MUndos 2012"

Nenhum comentário:

Postar um comentário