22 de fev. de 2013

Baixo Lupa 7P 1T A Mafia I Mafia clásica: Italia-Colombia-Cuba (1/2)



Do mundo cinematográfico de Tarantino trasladámola nosa lupa, á realidade das actividades mafiosas que proliferan ao longo do globo terráqueo. Nun primeiro episodio, falamos da súa orixe; e da mafia en tres paises insignes ao respecto: Italia, Colombia e Cuba.

  Cómo se orixina a mafia siciliana, "supostamente a primeira", e os outros clans italianos, A Cosa Nostra, A Camorra, a 'nrangheta e a Sacra Corona Unita.

  A mini historia da mafia en Cuba, nos tempos, segundo algúns; brillantes, en que os mafiosos utilizaban A Habana como lugar de disfrute e deleite.

  E tamén, simplificada, a historia de Pablo Escobar, como resumo das implicacións para un país enteiro, dunha das mafias máis violentas e salvaxes, o Cártel de Medellín en Colombia.








20 de fev. de 2013

Fillos das nubes, a derradeira colonia

  Foi coa parafernalia dos Goya cando me decatei de que un grupo de actores, entre os que estaba Javier Bardem; viñan de realizar durante o ano pasado, este documental. Nárranola historia recente dese pedaciño de terra que é o Sáhara Occidental. Inmediatamente púsenme a vela.

Alucinei.

  ¿Por qué? Pois porque desmigan o conflito, amais con moita clase. Este documental é divulgativo e didáctico, tamén reivindicativo; e por si fose pouco, vai a amosarte vídeos de arquivo auténticamente sorprendentes. 


DIRECTOR Álvaro Longoria
GUIÓN Álvaro Longoria
MÚSICA Fernando Velázquez
FOTOGRAFÍA Yosu Inchaustegui
REPARTO Javier Bardem, Álvaro Longoria Carlos Bardem
PRODUCTORA Candescent Films / Pinguin Films

15 de fev. de 2013

E por fin chegaron os zombies, "Factoría Zombie" presentado por "En Tránsito"

  Despois do seu estreno no Ateneo Ferrolán, xa podemos desfrutar deste "cómic radiofónico" que pasa a estar a disposición de quen queira escoitar, ou mellor dito, ver (é o costume).

  Torregrosa&Castro invéntanse unha historia de zombies no propio Ferrol, "dentro murallas", unha historia co sindiscalismo e o apolitismo tocados de cheo; na que acompañarás a Cornelius e María en búsqueda da verdade.



  Son numerosas as melloras despois do estreno en teatro radiofónico coa obra "La Guerra de los Mundos 2012"; "Factoría Zombie", amais de  ser unha historia orixinal, con guión realizado desde cero, conta con máis actores no reparto, e presenta outras novidades. As ilustracións de Fernando Ocampo, converten esta obra case nun cómic, case nunha película.



Outra novidade moi importante é a confección da Banda Sonora, a cargo de David García e interpretada pola solista Laura Montero no tema principal:

Ir a descargar


Toda esta xente participou neste proxecto:

Escrita por José Torregrosa e Miguel Castro.

Ilustraciones por Fernando Ocampo.

Música orixinal: David García.

Tema musical orixinal, interpretado por Laura Montero.

Dirixido e editado: Miguel castro.

Reparto:

Miguel Castro, Helga Méndéz, José Torregrosa, Fernando Ocampo, André "pequeno monstro", Iago Montes, Mirlandy Hernández, Karlotti Valle, Esperanza Vidal, Vicki Taibo, Víctor Novás, Susana Alaniz, Pablo Melaski, Fran Pérez, Lorena Calaza, David García e Raúl del Metal.

Visita a entrada na páxina do autor.

  Xa por último, para os que nos coñecedes por primeira vez, déixovolo enlace da primeira invención destas produccións "En Tránsito", "La Guerra de los Mundos 2012":



E agora toca esperar á seguinte ... eu dígolle a Miguel Castro que, pola progresión, o seguinte paso podería ser  no audiovisual, unha película de verdade ...  pero iso, xa se verá.

14 de fev. de 2013

Carne cruda: Deus déixao.


  A carnicería continúa a destripar, neste caso carne cristiá. Nestes quince minutiños parodian con grande inxenio, coma sempre; a renuncia de Ratzinger como papa.

Ir a descargar

5 de fev. de 2013

Baixo Lupa 6P 1T Quentin Tarantino 2/2 Carreira cinematográfica

Pois un repasiño polas películas deste director non é unha mala viaxe, é máis, promete. Ainda que non teña un número alarmante de filmes, sí contribuíu tamén como actor e productor; ou sexa,

que por material, non vai ser, así tamén matámolo tempo esperando a seguinte peli ...

... porque a última non defraudou ... sí é certo que sempre hai algún ao que algo non lle gustou, pero, o verdadeiramente relevante neste caso a min paréceme que son os detalles que pasarán á historia pola modernización do western (era posible!), con hip-hop, cos eternos perdedores coma heroes (a ver si algún día lle toca aos indios); coa relevancia da sociedade que foi, e que segue sendo.

Si Tarantino logra confabular coma neste film un escenario destas características (representativo de duras realidades) e continúa co seu talento con esas escenas que te enganchan, posiblemente, ainda nos quede o mellor por ver.

Máis o que leva feito axudará un bastante, a entreterte mentres escoitas este audio:

Desde SoundCloud ten maior calidade, eu te recomendo este:

Baixo Lupa 6P1T Tarantino 2 Carreira by Baixo Lupa

Máis desde Ivoox tes a colección completa e moitos podcast nos que pesquisar ...



Baixo Lupa en Radio Malva de Valencia


Unha bocanada de aire colectivo, unha fábrica de ideas, a posibilidade de inventalo todo de novo; como no caso de Radio FilispiM en Ferrol e da Kalimera Compostelana, e ben parecida. O área de influencia de Baixo Lupa expándese ata chegar uns 1.000 Km máis lonxe de Ferroliño, para ser compartido en Valencia, por unha tal Radio Malva 104.9 FM, que se define seguindo o manifesto de Villaverde, pertence á Rede Valenciana de Radios libres, lliures; e tamén á Rede Estatal de Medios Comunitarios (REMC).

En Radio Malva pinchan outros programas, como Tomalatierra, Democracy Now ou El Candelero ben coñecidos en FilispiM e en moitas das decenas de Radios Libres que coma estas, enchen o panorama tanto nacional coma internacional.

Non podo máis que agradecer enormemente, a estes compañeiros valencianos, que compartan Baixo Lupa.