Torregrosa&Castro invéntanse unha historia de zombies no propio Ferrol, "dentro murallas", unha historia co sindiscalismo e o apolitismo tocados de cheo; na que acompañarás a Cornelius e María en búsqueda da verdade.
Son numerosas as melloras despois do estreno en teatro radiofónico coa obra "La Guerra de los Mundos 2012"; "Factoría Zombie", amais de ser unha historia orixinal, con guión realizado desde cero, conta con máis actores no reparto, e presenta outras novidades. As ilustracións de Fernando Ocampo, converten esta obra case nun cómic, case nunha película.
Outra novidade moi importante é a confección da Banda Sonora, a cargo de David García e interpretada pola solista Laura Montero no tema principal:
Ir a descargar
Toda esta xente participou neste proxecto:
Escrita por José Torregrosa e Miguel Castro.
Ilustraciones por Fernando Ocampo.
Música orixinal: David García.
Tema musical orixinal, interpretado por Laura Montero.
Dirixido e editado: Miguel castro.
Reparto:
Miguel Castro, Helga Méndéz, José Torregrosa, Fernando Ocampo, André "pequeno monstro", Iago Montes, Mirlandy Hernández, Karlotti Valle, Esperanza Vidal, Vicki Taibo, Víctor Novás, Susana Alaniz, Pablo Melaski, Fran Pérez, Lorena Calaza, David García e Raúl del Metal.
Visita a entrada na páxina do autor.
Xa por último, para os que nos coñecedes por primeira vez, déixovolo enlace da primeira invención destas produccións "En Tránsito", "La Guerra de los Mundos 2012":
E agora toca esperar á seguinte ... eu dígolle a Miguel Castro que, pola progresión, o seguinte paso podería ser no audiovisual, unha película de verdade ... pero iso, xa se verá.
Nenhum comentário:
Postar um comentário